"MAR LIBRE": O martes estréase a grande aposta da TVG pola ficción de época
Venres, 10 de decembro de 2010
Emítese en dúas entregas semanais, de 70 minutos cada unha, e en horario de 'prime time'
Rodada en alta definición e en escenarios naturais, esta historia épica, de amor e aventuras ambientada no século XVIII, é pioneira fronte á tendencia actual de producións do xénero histórico
Secuencia da rodaxe na fábrica de salgadura da illa de Sálvora.
Santiago, 10.12.2010.- A Televisión de Galicia estrea este martes "MAR LIBRE", unha grande aposta do medio público galego pola ficción de época, que se emitirá en dúas entregas semanais (a segunda o día 21 de decembro), de setenta minutos cada unha, e en horario de máximo consumo televisivo, ás 22.00 horas. Esta produción de longa duración ambientada no século XVIII, coproducida por TVG e Ficción Producciones, conta cun reparto de luxo, decenas de figurantes, unha contorna única, unha caracterización impecable e os interiores dunha fábrica vella de salgadura da illa de Sálvora que serven para ambientar esta historia épica, de amor e aventuras, no contexto da industria da salga do peixe na costa galega.
Rodada en 2009, é unha produción pioneira fronte á tendencia actual de series de xénero histórico. Tras o paso por "MAR LIBRE", algúns dos seus actores principais continuaron con esta nova moda cinematográfica e televisiva de realizar ficcións de época, como é o caso de William Miller e José Angel Egido, que actualmente traballan noutras series televisivas das mesmas características.
"MAR LIBRE", gravada en alta definición e en escenarios naturais integramente, supón o debut de Dani de la Torre como director dunha produción de longa duración. Cun plan de traballo apertado e complexo, rodouse durante cinco semanas e en variadas localizacións como a illa de Sálvora, Redondela, Caldebarcos, Muros ou Santiago. Para a realización deste filme, o director, inmerso neste proxecto durante os catro anos anteriores, documentouse a fondo e buscou escenarios reais, posto que o 80% das secuencias é en exteriores. "Para esta película documenteime moito: percorrín Galicia, estiven en salgaduras, falei con descendentes de fomentadores, lin numerosos libros de pesca e visitei varios museos navais, como o de Barcelona e Madrid".
Para Dani de la Torre, realizador premiado por curtametraxes como Minas (2003), Lobos (2004),Bos Días (2006) e Por nada (2008), é a vez primeira que unha produción galega desenvolve un relato épico destas características. "Esta longa é para min unha ilusión de novato e un soño cumprido; unha aspiración de rapaz, non como profesional senón máis ben como espectador ao que lle gustan este tipo de historias, que boto de menos no mundo cinematográfico español e de series tamén".
En "MAR LIBRE" o amor entre o fillo dun pescador galego e a filla dun rico fomentador catalán da industria da salga discorre en medio dunha gran revolta social das xentes do mar. Como en toda historia épica, a produción ten como protagonista un heroe da vila, interpretado por William Miller (Hay alguien ahí, Cuéntame), que encabezará unha loita pola vida e a liberdade, e un vilán José Ángel Egido (Los Lunes al Sol, Los Girasoles Ciegos).
Dani de la Torre, director de "Mar Libre".
Todo isto coidado ata o extremo cun vestiario selecto, coreografías fantásticas de espadas***LAS NUESTRAS, HAHA!!***... secuencias a cabalo espectaculares, decenas de figurantes na ficción, e un reparto de altura encabezado por William Miller, María Vázquez, José Ángel Egido, Luís Zahera e Isabel Naveira, acompañados tamén por Mela Casal, Xosé M. Olveira Pico, Miguel de Lira, Xulio Abonjo, Xosé Barato ou Xabier Deibe, entre outros.
O protagonista, William Miller.
José Ángel Egido, o vilán da produción.
2 comentarios:
Tiven a mal suerte de non poder ver esta serie, Mar libre. SAbes donde podería vela????. Un saudo. gracias
(ir99ma@hotmail.com)
Caray... pois vaia que o sinto!!
Alguén me dixo que estaba xa na rede... pero non teño nin idea de como vai iso.
A verdade é que está tremenda!!
Para min foi un placer traballar nesa estupenda producción de Dani de la Torre.
Publicar un comentario