Cannon girl-GENZOMAN

Cannon girl-GENZOMAN
Dibus por GENZOMAN

BLOOOOOOOOOOG de Pi

piemptyranoias
Mostrando entradas con la etiqueta mar libre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mar libre. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de mayo de 2011

MAR LIBRE ("Talking to the wind")... TRIPREMIADA




“MAR LIBRE” GAÑOU A PLACA DE OURO NA CATEGORÍA DE MINISERIES, NO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL HUGO AWARDS DE CHICAGO

A película de tv producida por Ficción Producciones, sigue a sumar Premios nos Festivais Internacionais

2011 Hugo Television Award Winners


Congratulations to all winners and thanks to all entrants in the 2011 Hugo Television Competition. The following is a complete list of winners for all television categories. The awards given are as follows: Gold Hugo, Silver Hugo, Gold Plaque, Silver Plaque, and Certificate of Merit.


TELEVISION SERIES


Mini-Series

Gold Plaque

Talking to the Wind

Ficcion Producciones



PREMIOS MESTRE MATEO: A Película de TV MAR LIBRE gañou na categoría de Mellor Película para TV



FICCIÓN PRODUCCIONES gañou tres das estatuiñas dos Premios Mestre Mateo 2010 na Gala celebrada onte domingo 17 en Ourense . A Película de TV “MAR LIBRE” gañou na categoría de Mellor Película para TV, Mellor Deseño de Vestiario, obra de Eva Camino, e a de Mellor Interpretación Feminina Protagonista, que foi a actriz María Vázquez

.


Ficción Producciones agradece ós académicos e académicas a decisión que cos seus votos fixeron posible que a Produtora recollese de novo estatuiñas dos Premios do Audiovisual galego, como son os Mestre Mateo, ó tempo que felicita a tódolos demais gañadores das distintas categorías polo seu trunfo.
Con estes premios, esta miniserie de tv producida por Ficción Producciones, MAR LIBRE, dirixida por Dani de la Torre, continúa o seu camiño con gran éxito, acudindo a citas internacionais do audiovisual, como o Festival The 44th Annual WorldFest-Houston.
Coproducida por Ficción Producciones e TVG, Mar Libre é unha miniserie de dous capítulos gravada en alta definición. Dirixida por Dani de la Torre e íntegramente fotografada en escenarios naturais, Mar Libre nace da necesidade de contar un anaco escondido da nosa historia. No contexto da industria da salga do peixe na costa galega, un heroe do pobo, encabezará unha loita pola vid

a e a liberdade. Mar Libre é unha historia épica, con amor e aventuras, no marco incomparable da Costa da Morte.
MAR LIBRE, filmado ó longo de 6 semanas, requiríu unha complexa rodaxe onde os actores fixeron coreografías de loita, secuencias a cabalo e manexo da espada. O vestiario, a maquillaxe e os decorados requirIron unha especial atención; elaboráronse en parte en Galicia aínda que houbo que alugar algúns elementos na sastrería especializada Cornexo de Madrid

MAR LIBRE, DE FICCIÓN PRODUCCIONES E TVG,

PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE HOUSTON
A miniserie, dirixida por Dani de la Torre, ven de recibir tamén tres premios Mestre Mateo 2010 da A.G.A.

sábado, 18 de diciembre de 2010

MAR LIBRE. Promo en CORREO TV-DEPORTES con Silvia Castiñeiras

El actor JOSE BARATO y nuestro compañero del Compostela Esgrima, JOSE GOÁS, fueron esta vez los que se acercaron a promocionar MAR LIBRE a la tele: esta vez en CORREO TV y en DEPORTES, por aquello de la ESGRIMA en la película. Silvia Castiñeiras realizó la entrevista. 
Jose Goás a la derecha, posando con Dani Paz, Alberto Míguez, Dani de la Torre -de azul- y Xose Piñeiro


Xose Barato, a la izda en un instante de la grabación, con William Miller y Luis Zahera.



Entrevista por Silvia Castiñeiras

DEPORTES

Lunes (20:45 a 21:30 | 00:00 a 00:45)
Martes (09:15 a 10:15 | 14:15 a 15:15 | 17:00 a 17:45 | 20:45 a 21:00)
Miércoles | Viernes (10:00 a 10:15 | 14:15 a 14:30 | 15:45 a 16:00 | 20:45 a 21:00)
Jueves (10:00 a 10:15 | 20:45 a 21:00)
Sábado (09:45 a 10:00 | 10:45 a 11:00 | 13:45 a 14:00)
Presenta Silvia Castiñeiras.

lunes, 13 de diciembre de 2010


"MAR LIBRE": O martes estréase a grande aposta da TVG pola ficción de época
Venres, 10 de decembro de 2010

Emítese en dúas entregas semanais, de 70 minutos cada unha, e en horario de 'prime time'



Rodada en alta definición e en escenarios naturais, esta historia épica, de amor e aventuras ambientada no século XVIII, é pioneira fronte á tendencia actual  de producións do xénero histórico



Secuencia da rodaxe na fábrica de salgadura da illa de Sálvora.


Santiago, 10.12.2010.- A Televisión de Galicia estrea este martes "MAR LIBRE", unha grande aposta do medio público galego pola ficción de época, que se emitirá en dúas entregas semanais (a segunda o día 21 de decembro), de setenta minutos cada unha, e en horario de máximo consumo televisivo, ás 22.00 horas. Esta produción de longa duración ambientada no século XVIII, coproducida por TVG e Ficción Producciones, conta cun reparto de luxo, decenas de figurantes, unha contorna única, unha caracterización impecable e os interiores dunha fábrica vella de salgadura da illa de Sálvora que serven para ambientar esta historia épica, de amor e aventuras, no contexto da industria da salga do peixe na costa galega.



Rodada en 2009, é unha produción pioneira fronte á tendencia actual de series de xénero histórico. Tras o paso por "MAR LIBRE", algúns dos seus actores principais continuaron con esta nova moda cinematográfica e televisiva de realizar ficcións de época, como é o caso de William Miller e José Angel Egido, que actualmente traballan noutras series televisivas das mesmas características.



"MAR LIBRE", gravada en alta definición e en escenarios naturais integramente, supón o debut de Dani de la Torre como director dunha produción de longa duración. Cun plan de traballo apertado e complexo, rodouse durante cinco semanas e en variadas localizacións como a illa de Sálvora, Redondela, Caldebarcos, Muros ou Santiago. Para a realización deste filme, o director, inmerso neste proxecto durante os catro anos anteriores, documentouse a fondo e buscou escenarios reais, posto que o 80% das secuencias é en exteriores. "Para esta película documenteime moito: percorrín Galicia, estiven en salgaduras, falei con descendentes de fomentadores, lin numerosos libros de pesca e visitei varios museos navais, como o de Barcelona e Madrid".




Para Dani de la Torre, realizador premiado por curtametraxes como Minas (2003), Lobos (2004),Bos Días (2006) e Por nada (2008), é a vez primeira que unha produción galega desenvolve un relato épico destas características. "Esta longa é para min unha ilusión de novato e un soño cumprido; unha aspiración de rapaz, non como profesional senón máis ben como espectador ao que lle gustan este tipo de historias, que boto de menos no mundo cinematográfico español e de series tamén".



En "MAR LIBRE" o amor entre o fillo dun pescador galego e a filla dun rico fomentador catalán da industria da salga discorre en medio dunha gran revolta social das xentes do mar. Como en toda historia épica, a produción ten como protagonista un heroe da vila, interpretado por William Miller (Hay alguien ahíCuéntame), que encabezará unha loita pola vida e a liberdade, e un vilán José Ángel Egido (Los Lunes al SolLos Girasoles Ciegos).



Dani de la Torre, director de "Mar Libre".

Todo isto coidado ata o extremo cun vestiario selecto, coreografías fantásticas de espadas***LAS NUESTRAS, HAHA!!***... secuencias a cabalo espectaculares, decenas de figurantes na ficción, e un reparto de altura encabezado por William Miller, María Vázquez, José Ángel Egido, Luís Zahera e Isabel Naveira, acompañados tamén por Mela Casal, Xosé M. Olveira Pico, Miguel de Lira, Xulio Abonjo, Xosé Barato ou Xabier Deibe, entre outros.




O protagonista, William Miller.

José Ángel Egido, o vilán da produción.

MAR LIBREEstreno en la Televisión de Galicia el martes 14 de diciembre a las 22h. La continuación será el martes 21 a la misma hora. 



Esta grande aposta da Televisión de Galicia pola ficción de época está enmarcada na historia dos fomentadores cataláns e no mundo mariñeiro


Santiago, 12.12.2010.- Un reparto de luxo, decenas de figurantes, unha contorna única, unha caracterización impecable e os interiores dunha fábrica vella de salgadura da illa de Sálvora serven para ambientar a produción galega "Mar Libre", unha grande aposta da TVG pola ficción de época, cuxa primeira parte estreará a canle autonómica o vindeiro martes en horario de máximo consumo televisivo (22.00 h). Esta produción de longa duración, ambientada no século XVIII, presenta unha historia épica, de amor e aventuras, no contexto da industria da salga do peixe na costa galega.


"Mar Libre" é unha coprodución da TVG e Ficción Producciones, gravada en alta definición e integramente en escenarios naturais. Rodada en 2009, supón o debut de Dani de la Torre como director dunha produción de longa duración. Cun plan de traballo apertado e complexo, rodouse durante cinco semanas en variadas localizacións como a illa de Sálvora, Redondela, Caldebarcos, Muros ou Santiago.


María Vázquez, nun momento da rodaxe

No filme, o amor entre o fillo dun pescador galego e a filla dun rico fomentador catalán da industria da salga discorre en medio dunha gran revolta social das xentes do mar. Como toda historia épica, a produción ten como protagonista un heroe da vila, interpretado por William Miller, quen encabezará a loita pola vida e a liberdade; e un vilán, a quen dá vida José Ángel Egido. María Vázquez, Luís Zahera, Mela Casal, Xosé Manuel Olveira "Pico", Miguel de Lira, Xosé Barato e Xabier Deibe, entre outros, completan o reparto.



A loita dos mariñeiros fronte ao poder dos fomentadores é o pano de fondo desta historia


William Miller: "O meu personaxe recoñece no fomentador os abusos da Corte, e enfróntase a eles"
Luns, 13 de decembro de 2010


William Miller nun descanso da rodaxe.

O protagonista William Miller conta as claves da rodaxe e da preparación do seu papel en "MAR LIBRE"


Santiago, 13.12.2010.- Previo á estrea este martes de "MAR LIBRE" (22.00h), ficción coproducida pola Televisión de Galicia, o heroe desta historia épica William Miller, actor de recoñecida traxectoria pola súa participación en series como Hay alguien ahíCuéntame ou na actualidadeHispania, conta as claves do seu personaxe e da rodaxe, desenvolvida ao longo de case 5 semanas, en numerosas localizacións de Galicia, en escenarios reais e en exteriores a maioría das súas secuencias.


-Como é o seu personaxe?


- Anxo Estrada é un capitán da Armada Española que aos 12 anos vivía na zona da illa de Sálvora. Ao morrer seu pai, con 12 anos, márchase cun capitán da Armada e chega a capitán nas Américas, onde viu e viviu moita morte. Nas Américas por unha decisión fanlle un consello de guerra e regresa á súa terra e atópase os seus e ao seu pobo sometidos a unha semi escravitude por parte dun fomentador catalán. El recoñece neste fomentador o poder do momento e os abusos da Corte, que tamén sufriu nas Américas, e enfróntase a eles coma se se enfrontase aos que toman as decisións que acabaron coa vida dos seus homes, personifica a maldade no personaxe de Curt. O único que lle queda na vida é a súa irmá e o seu mellor amigo; a un deles pérdeo nada máis chegar, así que convértese nunha vendeta sen volta atrás e protagoniza o levantamento. Nun principio a pesar seu, pero acaba tendo que lideralo.




-Que dificultades requiriu a preparación de seu papel?


- Sabía coller unha espada e montar a cabalo desde hai tempo, pero cada época é distinta. Se te enfrontas por exemplo a un personaxe da Armada de 1780, o primeiro é pescudar se é de academia ou non, como chegou a ser oficial, os regulamentos... Estudar un pouco historia, cousa que non me supón moito esforzo porque eu son historiador. Trátase de entender o personaxe e os seus movementos emocionais. Se tes un director moi metido no proxecto, que por sorte o tivemos, dáche moita información e axúdache a dirixir o traballo.




-Como influíu o ambiente de traballo?


-Houbo moi bo feeling entre todo o equipo, que ten moito callo. Os actores tamén sabemos o que estamos a facer, todos temos experiencia. Pola miña parte, cada personaxe que interpreto busco facelo diferente e o proceso de creación cada vez é máis complexo, porque senón non me divertiría. O personaxe non só pode ser carne e óso ten que ter órganos, arterias e darlle alma a este corpo, coa xesticulación, na forma de moverse, de falar... Por todo isto, hai directores que me consideran raro, produtores que non queren traballar comigo, pero neste caso demos cun director que, afortunadamente, quere facer un traballo diferente e que confía.


Traido todo de la web de la GALEGA!! http://www.crtvg.es/crtvgviva/

lunes, 22 de febrero de 2010


DANI DE LA TORRE. 
Agradecimiento al equipo de MAR LIBRE

A todo el equipo de Mar Libre:


Bueno chicos, por fin se estrenó Mar libre, como sabéis fue un trabajo muy duro para todos.

Quiero agradecerles a Mamen y a Julio una vez más, el haber unido un equipo técnico y artístico tan bueno y del que tanto he aprendido y disfrutado.

Fueron muchas horas de trabajo, momentos de decepción, de alegría y ni una lágrima me cayó durante los tres años que duró la montaña rusa de "se hace o no se hace". 
Este fue el primer trabajo del Compostela Esgrima con Dani, 
y que nos llevó 3 años después a MAR LIBRE

Eso si, desde el último día de rodaje hasta que la vi montada no paré de llorar, de alegría y emoción porque por fin lo habíamos hecho.
 A veces iba en el coche escuchando los trozos de la banda sonora que Manu me enviaba y me emocionaba tanto... que tenía que parar..realmente es impagable todo lo que he vivido gracias a vosotros.

El viernes en el Auditorio me sentí feliz como nunca lo había hecho, feliz por la reacción de la gente, feliz porque los miembros del equipo se sentían orgullosos de lo que habíamos conseguido, feliz porque las personas que quiero y me quieren se sintieron felices.

Tengo claro que la peli se puede mejorar, todo se puede mejorar pero os digo una cosa, me como la cabeza continuamente para mejorar y hacer mejor las cosas, pero el otro día vi que la película tiene corazón, tiene alma...Es el primer trabajo que hago que creo que la tiene porque pude sentirla.
El grupo del Compostela Esgrima que participamos en el 
spot de la Film Commission...
Solo espero volver a trabajar lo antes posible con todos vosotros, seguir aprendiendo, riéndonos juntos... independientemente de premios o críticas siempre he creído en esta profesión como una forma de divertirme y sonreír, porque para mi la vida no tiene sentido sin la risa y el amor... y en esta peli pude vivir intensamente ambas cosas.


Enhorabuena a todos y gracias por hacer posible Mar Libre.

Os llevaré para siempre en mi corazón.

Dani de la Torre
MAR LIBRE. 
Presentación en Auditorio de Galicia
Santiago de Compostela. 
19 de febrero


La primera PARTE con la llegada al Auditorio, el Público, la presentación de Ficción-Producciones: Mamen Quintas y Julio Casal, los actores William, María Vázquez... la directora de la TVG... Y por supuesto DANI DE LA TORRE: el dire y alma de la criatura!



Y la SEGUNDA PARTE de los discursos de la presentación, el comienzo de la peli, los APOTEÓSICOS APLAUSOS del final y la subida al ESCENARIO como agradecimiento también del COMPOSTELA ESGRIMA(Goás y Pi, subimos también como partícipes de la peli, y Alberto y Dani, que tb lo fueron, se quedaron abajo)


La composición de YOUTUBE, son videos de VIGOVIDEO.ES

martes, 2 de febrero de 2010

ESTRENO de MAR LIBRE
19-02-2010




Nuestra peli -del Compostela Esgrima- de Dani de la Torre para la TVG


El 19 de febrero en el Auditorio de Galicia en Santiago, a las 19:30h por fin se estrenará esa película en la que hemos trabajado con tanto cariño y pasión.


Estoy seguro que tanta expectación creada, hará que el Auditorio desborde su "escasa capacidad"


Mis queridos y queridas curiosos de MAR LIBRE. Deciros que el estreno será abierto a todo el mundo, pero limitado más o menos a las 1000 plazas de capacidad que tiene el Auditorio de Galicia...


No será como el concierto del SPRINGSTEEN, pero el asunto promete estar concurrido. Somos muchos, y cada uno se llevará a sus amigos, familiares, fans... etc.


Por tanto, me imagino que se pueda llenar el asunto!


Saudiños, a todo el mundo!! Y si os animais, nos alegraremos, faltaría más de veros por aquí de nuevo!
Más info en: compostelaesgrima.com

domingo, 10 de enero de 2010

MAR LIBRE. ÚLTIMOS VIDEOS
Ensayo de acción y Fotos del rodaje, de Xavi Leiro



VIDEO de una acción en el último ensayo en Redondela: William Miller -Capitán Estrada- recibe el ataque de los 3 guardias del Intendente Marcos. Evidentemente rechaza el ataque... sobrevive alguno? SI!!
Los guardias, por orden de caída son Dani Paz, Alberto Míguez y Jose Goás del Compostela Esgrima.



XAVI LEIRO, auxiliar de dirección en MAR LIBRE, nos regala un video mix de MAR LIBRE con un montaje estupendo de fotos de todo el rodaje! Muy buen trabajo, Xavi... y la musiquilla, tb muy buena!



Xavier tiene su blog en XAVIERLEIRO.BLOGSPOT.COM por si quereis investigar sobre su trabajo audiovisual...

sábado, 2 de enero de 2010

MAR LIBRE. Por Dani de la Torre.
Lo último que salió en la TVG: el momento de la boda de Montse (María Vázquez) con Marcos (Xosé Barato), interrumpido por la aparición del Capitán Estrada (William Millier)

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Entrevista al BOSS, Dani de la Torre sobre las cinco semanas y media de rodaje... La pesca do XEITO galegas vs REDES DE ARRASTRE catalanas (S.XVIII)

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

jueves, 10 de diciembre de 2009

MAR LIBRE. Últimas novedades
Empieza a salir material para que las/los fans puedan ir comprando...
Ahh, y los carteliños, son diseño de mi colega Chema Ares -Chemita-


La B.S.O. se va a rodar en BRATISLAVA (Eslovaquia) por THE BRATISLAVA SIMPHONY ORCHESTRA







Y una fotito con todo el equipo del rodaje un día en... en... Chaián?... SI!