Cannon girl-GENZOMAN

Cannon girl-GENZOMAN
Dibus por GENZOMAN

BLOOOOOOOOOOG de Pi

piemptyranoias

lunes, 13 de diciembre de 2010

MAR LIBREEstreno en la Televisión de Galicia el martes 14 de diciembre a las 22h. La continuación será el martes 21 a la misma hora. 



Esta grande aposta da Televisión de Galicia pola ficción de época está enmarcada na historia dos fomentadores cataláns e no mundo mariñeiro


Santiago, 12.12.2010.- Un reparto de luxo, decenas de figurantes, unha contorna única, unha caracterización impecable e os interiores dunha fábrica vella de salgadura da illa de Sálvora serven para ambientar a produción galega "Mar Libre", unha grande aposta da TVG pola ficción de época, cuxa primeira parte estreará a canle autonómica o vindeiro martes en horario de máximo consumo televisivo (22.00 h). Esta produción de longa duración, ambientada no século XVIII, presenta unha historia épica, de amor e aventuras, no contexto da industria da salga do peixe na costa galega.


"Mar Libre" é unha coprodución da TVG e Ficción Producciones, gravada en alta definición e integramente en escenarios naturais. Rodada en 2009, supón o debut de Dani de la Torre como director dunha produción de longa duración. Cun plan de traballo apertado e complexo, rodouse durante cinco semanas en variadas localizacións como a illa de Sálvora, Redondela, Caldebarcos, Muros ou Santiago.


María Vázquez, nun momento da rodaxe

No filme, o amor entre o fillo dun pescador galego e a filla dun rico fomentador catalán da industria da salga discorre en medio dunha gran revolta social das xentes do mar. Como toda historia épica, a produción ten como protagonista un heroe da vila, interpretado por William Miller, quen encabezará a loita pola vida e a liberdade; e un vilán, a quen dá vida José Ángel Egido. María Vázquez, Luís Zahera, Mela Casal, Xosé Manuel Olveira "Pico", Miguel de Lira, Xosé Barato e Xabier Deibe, entre outros, completan o reparto.



A loita dos mariñeiros fronte ao poder dos fomentadores é o pano de fondo desta historia


William Miller: "O meu personaxe recoñece no fomentador os abusos da Corte, e enfróntase a eles"
Luns, 13 de decembro de 2010


William Miller nun descanso da rodaxe.

O protagonista William Miller conta as claves da rodaxe e da preparación do seu papel en "MAR LIBRE"


Santiago, 13.12.2010.- Previo á estrea este martes de "MAR LIBRE" (22.00h), ficción coproducida pola Televisión de Galicia, o heroe desta historia épica William Miller, actor de recoñecida traxectoria pola súa participación en series como Hay alguien ahíCuéntame ou na actualidadeHispania, conta as claves do seu personaxe e da rodaxe, desenvolvida ao longo de case 5 semanas, en numerosas localizacións de Galicia, en escenarios reais e en exteriores a maioría das súas secuencias.


-Como é o seu personaxe?


- Anxo Estrada é un capitán da Armada Española que aos 12 anos vivía na zona da illa de Sálvora. Ao morrer seu pai, con 12 anos, márchase cun capitán da Armada e chega a capitán nas Américas, onde viu e viviu moita morte. Nas Américas por unha decisión fanlle un consello de guerra e regresa á súa terra e atópase os seus e ao seu pobo sometidos a unha semi escravitude por parte dun fomentador catalán. El recoñece neste fomentador o poder do momento e os abusos da Corte, que tamén sufriu nas Américas, e enfróntase a eles coma se se enfrontase aos que toman as decisións que acabaron coa vida dos seus homes, personifica a maldade no personaxe de Curt. O único que lle queda na vida é a súa irmá e o seu mellor amigo; a un deles pérdeo nada máis chegar, así que convértese nunha vendeta sen volta atrás e protagoniza o levantamento. Nun principio a pesar seu, pero acaba tendo que lideralo.




-Que dificultades requiriu a preparación de seu papel?


- Sabía coller unha espada e montar a cabalo desde hai tempo, pero cada época é distinta. Se te enfrontas por exemplo a un personaxe da Armada de 1780, o primeiro é pescudar se é de academia ou non, como chegou a ser oficial, os regulamentos... Estudar un pouco historia, cousa que non me supón moito esforzo porque eu son historiador. Trátase de entender o personaxe e os seus movementos emocionais. Se tes un director moi metido no proxecto, que por sorte o tivemos, dáche moita información e axúdache a dirixir o traballo.




-Como influíu o ambiente de traballo?


-Houbo moi bo feeling entre todo o equipo, que ten moito callo. Os actores tamén sabemos o que estamos a facer, todos temos experiencia. Pola miña parte, cada personaxe que interpreto busco facelo diferente e o proceso de creación cada vez é máis complexo, porque senón non me divertiría. O personaxe non só pode ser carne e óso ten que ter órganos, arterias e darlle alma a este corpo, coa xesticulación, na forma de moverse, de falar... Por todo isto, hai directores que me consideran raro, produtores que non queren traballar comigo, pero neste caso demos cun director que, afortunadamente, quere facer un traballo diferente e que confía.


Traido todo de la web de la GALEGA!! http://www.crtvg.es/crtvgviva/

No hay comentarios: