Cannon girl-GENZOMAN

Cannon girl-GENZOMAN
Dibus por GENZOMAN

BLOOOOOOOOOOG de Pi

piemptyranoias

domingo, 15 de noviembre de 2009

CARTAS DE AMOR DUNHA MONXA PORTUGUESA. Sala Santart

Sábado 21 de novembro ás 18 e 21h.
Domingo 22 de novembro ás 18 e 21h.


SINOPSE:
A actriz Raquel Pintos , desenvolve o xogo dramático dentro dunha gaiola de madeira de 1,70 metros cadrados, mentres os espectadores permanecen de pé ó lado de todos e cada un dos compartimentos da gaiola, mirando a acción a través dun ventanuco de confesionario.
A escenografía e a posición dos espectadores non son moi convencionais, pero cremos que son xustificadas e sumamente necesarias.


Non é precisamente a epistoloxía o xénero literario máis apto para la dramatización. Aínda así, atrevemosnos a dar unha forma escénica ás cinco cartas de amor asinadas pola monxa portuguesa Mariana Alcoforado.
Os seus contidos cautivan pola maneira inxenua e a precisión exacta coa que son expresados os sentimentos amorosos.
Todo aquel que le as cinco cartas experimenta unha intensa pesadume diante da vulnerabilidade humana que sustentan.
O espectador, asiste con asombro a unha pérdida de todo límite por parte da voz namorada.
As cartas da monxa portuguesa resistiron o paso do tempo e son, no noso momento, a testemuña dun amor que triunfou sobre as prohibicións e a distancia a través da palabra.

Título: CARTAS DE AMOR DUNHA MONXA PORTUGUESA
COMPAÑÍA: SANTART TEATRO
CLASIFICACIÓN: Teatro adultos / Drama
OBSERVACIÓN: O espectáculo pode ser visto soamente por 10 espectadores.
IDIOMA: GALEGO
DURACIÓN: 40 minutos
PÚBLICO: Adulto

AUTOR: Mariana Alcoforado
INTERPRETE: RAQUEL PINTOS
VESTiARIO: Nenuca Pérez Devesa

Theodor Smeu Stermin
DIRECCIÓN, ESCENOGRAFIA,
LUCES, SON,
DESEÑO GRÁFICO e FOTOS.
Reserva a túa entrada dende a web da Sala SANTART:
Ou ben chamando aos teléfonos: 981 592 665 / 630 017 268
SANTART TEATRO é unha Compañía de Teatro Profesional de Santiago de Compostela, fundada no ano 2003 polo seu director transilvano: Theodor Smeu Stermin.

Sala de Teatro SANTART
C/Ruela de Brión 5, Baixo
Santiago de Compostela
(En Fronte ao Instituto de Pontepedriña.)

No hay comentarios: