Cannon girl-GENZOMAN

Cannon girl-GENZOMAN
Dibus por GENZOMAN

BLOOOOOOOOOOG de Pi

piemptyranoias

martes, 21 de febrero de 2012

TVG-MANIOTAS con Xose Piñeiro do ¨COMPOSTELA ESGRIMA

Achegar os valores e beneficios da práctica deportiva aos espectadores mediante o coñecemento dos seus protagonistas é o obxectivo da nova serie documental “MANIOTAS”, un espazo educativo e entretido dirixido a toda a familia para transmitir o importante papel que o deporte e a relación entre as persoas teñen na sociedade. A serie documental proporciona unha visión cotiá do mundo que envolve o deporte reflectindo situacións tanto divertidas coma emotivas. 


Pero, quen son os protagonistas destas historias? Persoas de todas as idades relacionadas dalgún xeito con algunha disciplina deportiva, desde as máis populares e modestas ás máis orixinais; colectivos ou individuos que ofrecerán aos telespectadores a oportunidade de coñecer as situacións máis curiosas, emotivas e sorprendentes e, como non, xente amiga de mover as pernas e o corazón. 

Foto de Ainoa Calvo

 A primeira historia de hoxe terán como protagonista a Marta Míguez, unha das ilustres galegas olímpicas, que chegou a competir na olimpíada de Sydney no ano 2000 lanzando xavelina, e que agora poderemos ver como combina a súa paixón deportiva coa súa faceta de nai de tres fillos. 


 Na segunda historia coñeceremos a José Piñeiro, un dos máis reputados profesores de esgrima de Santiago, que intenta que esta disciplina sexa un dos deportes máis populares do campus da USC onde José imparte clases.

No hay comentarios: