Cannon girl-GENZOMAN

Cannon girl-GENZOMAN
Dibus por GENZOMAN

BLOOOOOOOOOOG de Pi

piemptyranoias

domingo, 1 de mayo de 2011

MAR LIBRE ("Talking to the wind")... TRIPREMIADA




“MAR LIBRE” GAÑOU A PLACA DE OURO NA CATEGORÍA DE MINISERIES, NO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL HUGO AWARDS DE CHICAGO

A película de tv producida por Ficción Producciones, sigue a sumar Premios nos Festivais Internacionais

2011 Hugo Television Award Winners


Congratulations to all winners and thanks to all entrants in the 2011 Hugo Television Competition. The following is a complete list of winners for all television categories. The awards given are as follows: Gold Hugo, Silver Hugo, Gold Plaque, Silver Plaque, and Certificate of Merit.


TELEVISION SERIES


Mini-Series

Gold Plaque

Talking to the Wind

Ficcion Producciones



PREMIOS MESTRE MATEO: A Película de TV MAR LIBRE gañou na categoría de Mellor Película para TV



FICCIÓN PRODUCCIONES gañou tres das estatuiñas dos Premios Mestre Mateo 2010 na Gala celebrada onte domingo 17 en Ourense . A Película de TV “MAR LIBRE” gañou na categoría de Mellor Película para TV, Mellor Deseño de Vestiario, obra de Eva Camino, e a de Mellor Interpretación Feminina Protagonista, que foi a actriz María Vázquez

.


Ficción Producciones agradece ós académicos e académicas a decisión que cos seus votos fixeron posible que a Produtora recollese de novo estatuiñas dos Premios do Audiovisual galego, como son os Mestre Mateo, ó tempo que felicita a tódolos demais gañadores das distintas categorías polo seu trunfo.
Con estes premios, esta miniserie de tv producida por Ficción Producciones, MAR LIBRE, dirixida por Dani de la Torre, continúa o seu camiño con gran éxito, acudindo a citas internacionais do audiovisual, como o Festival The 44th Annual WorldFest-Houston.
Coproducida por Ficción Producciones e TVG, Mar Libre é unha miniserie de dous capítulos gravada en alta definición. Dirixida por Dani de la Torre e íntegramente fotografada en escenarios naturais, Mar Libre nace da necesidade de contar un anaco escondido da nosa historia. No contexto da industria da salga do peixe na costa galega, un heroe do pobo, encabezará unha loita pola vid

a e a liberdade. Mar Libre é unha historia épica, con amor e aventuras, no marco incomparable da Costa da Morte.
MAR LIBRE, filmado ó longo de 6 semanas, requiríu unha complexa rodaxe onde os actores fixeron coreografías de loita, secuencias a cabalo e manexo da espada. O vestiario, a maquillaxe e os decorados requirIron unha especial atención; elaboráronse en parte en Galicia aínda que houbo que alugar algúns elementos na sastrería especializada Cornexo de Madrid

MAR LIBRE, DE FICCIÓN PRODUCCIONES E TVG,

PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE HOUSTON
A miniserie, dirixida por Dani de la Torre, ven de recibir tamén tres premios Mestre Mateo 2010 da A.G.A.

No hay comentarios: